luns, 17 de abril de 2017

Domingo 23 de abril: Día do LIBRO

                                    
O próximo domingo 23 de abril lectores e lectoras, institucións en xeral celebramos o Día do Libro , fomentamos a lectura co obxectivo de chegar ao acceso universal á cultura a través dos libros. Podes ler AQUÍ a mensaxe da Directora xeral da UNESCO sobre este día.
Comezamos esta semana as actividades do DÍA DO LIBRO, participamos deste día a través das actividades que vos contamos a continuación pero, cada un de vós, pode participar individualmente se así o desexa, con actividades como estas por exemplo:

1.-Coñece a Biblioterca Xeral da Unesco e descarga os libros que che interesen gratis UNESCODOC

2.-Agasalla un libro e unha rosa a unha persoa achegada.                                                                    3.-Aproveita este día para ler algo diferente do que normalmente les.                                              
 4.-Nunca tires un libro! Nin un libro de texto! Participa en campañas ou busca como donalos a países e asociacións que os recollen.
 5.-Deixa un libro no banco dun parque ou no asiento do autobus cunha nora que diga: Feliz día do libro!
 6.- Durante esa semana visita unha biblioteca e colle un libro en préstamo.

O día 20 de abril visita a BIBLIOCROCAIO o escritor ANXO FARIÑA do que xa fixemos unha entrada anterior pero hoxe lémbrovos os libros sobre o personaxe do libro de Miguel de Cervantes  : Don Quixote:
http://www.anxofarina.com/portfolio/don-quijote-y-breogan/


O venres 21 presentaremos  o vídeo de LECTURA DO PRIMEIRO CAPÍTULO DE DON QUIJOTE polos alumnos e alumnas do cole.
Tamén presentaremos a montaxe dos LIBROS ESTRELA  da Bibliocrocaio deste curso. 

 Faremos os apadriñamentos lectores, os maiores len aos máis pequenos  no recuncho do patio que eles elixan.
Repartiremos o BOLETÍN DE LECTURAS recomendadas para que saibades que mercar se vos achegades a unha librería .
E como remate da CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO , o día 26 de abril teremos unha magnífica contacontos para os cursos de Infantil, 1º, 2º  e 3º que nos ofrece a editorial SM.
Estupenda semana, comezamos....
E Tamén podemos xogar con DON QUIXOTE:



 
                                                                       

xoves, 6 de abril de 2017

Poemas de Gloria Fuerters na Gardería de Sampaio

Hoxe, o alumnado de 5º e 6º achegouse á Escola Infantil de Sampaio para recitarlles aos peques poemas de Gloria Fuertes.
Resultou unha gratificante experiencia, fixérono xenial e pasamos un bo momento cos nenos e nenas con fermosos e divertidos  poemas como este:

Aleluyas del conejo Don Consejo

Un cepillo para el diente.
Freno para la pendiente.

El helado y la manzana
es una comida sana.

Pero el mejor alimento 
es que siempre estés contento.

Un " te quiero " mañanero
te vale más que el dinero.

Y si tú lees un libro,
no serás borrico borrico.

Y sabes lo que te digo:
Si tú tienes un amigo 
eres rico, rico, rico.
              Gloria Fuertes





La risa
¡Bienvenida sea la risa
Que deja alegría por donde pisa!

¡Que venga la risa
y su prima la sonrisa!

Reír es como si como
alimenta más que el lomo.

Hay que reír cada hora
lo receta servidora.

¡Ay que risa tía Felisa
se le vuela la camisa!

Quien ríe de día 
duerme bien de noche.
                      Gloria Fuertes
Gústannos moito os poemas de Gloria!



mércores, 5 de abril de 2017

20 de abril visita a BIBLIO CROCAIO o escrito, debuxante r e ilustrador Anxo Fariña




ANXO FARIÑA 
naceu en Vigo en 1977. Licenciado en Belas Artes, ilustrador e escritor. É un coñecido autor que compaxina o traballo creativo co contacto directo cos seus lectores.
Gañou o Premio Merlín  en 2011 e o Frei Sarmiento en 2012. 
Destaca pola súa capacidade de contactar co público máis novo, e así visita centros para promover a lectura e para realizar obradoiros de ilustración.
Deseñou a idea xeral para un proxecto de lecto escritura coa editorial Oxford, e é autor de materiais educativos no eido da cratividade.
Ten máis de corenta libros publicados.







venres, 31 de marzo de 2017

Oli, autor de Leocadio o león visita a Biblio Crocaio

O vindeiro luns 3 de abril, a Bibliocrocaio recibe 

unha visita moi especial: o escritor OLI, que 

recibiremos os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º.

OLI falaranos do seu libro Leocadio o león que 

coñecen moi ben. Achegamos ao alumnado ao 

proceso de creación literaria da man dun 

experto autor galego actual.



OLI naceu en Cangas en 1960. Mestre de Primaria, tradutor e especialista en literatura infantil e xuvenil.
Co-director da colección Seteleguas de Kalandraka.

A  prosa áxil de OLI capta a atención dos primeiros lectores autónomos que acompañan a Leocadio na súa traxectoria vital ata atopar o seu verdadeiro camiño, do que só imos a dar unha pista:

Leocadio é un león moi cinematográfico. Ilustrado por Teresa Novoa, evoca as películas de aventuras, lémbranos a personaxes como Tarzán, Charlot, aventuras en países exóticos...

Libros de Oli:

Mirade que montaxe espectacular fixeron os nenos e nenas de Coirón-Dena:

domingo, 26 de marzo de 2017

En MARCHA A MOCHILA VIOLETA!

CROCAIO PRÉSTANOS UNHA MOCHILA VIOLETA

            A biblioteca CROCAIO  quere poñer á vosa disposición   una selección de libros e películas que presentan una visión do mundo baseada na igualdade, a tolerancia , o respecto e a liberdade.
Un mundo onde nenas e nenos poidan escoller os seus soños e ilusións en igualdade de oportunidades.
A idea surxe doutra mochila violeta que se presta na Diputación de Granada, que editou unha guía de lectura coeducativa recopilada por Natalia Enguix e Cristina López na que se poden atopar pautas para elexir libros que eduquen en igualdade, por idades e de temáticas variadas, literatura variada, divertida que escapa de roles e estereotipos sexistas.
A nosa mochila leva esta guía como consulta para posibles compras de lecturas, tamén podedes descargala AQUÍ

A Mochila Violeta da Biblio Crocaio leva unha selección de lecturas de temática variada: diversidade familiar, prevención da violencia de xénero, identidade sexual, educación emocional, autoestima…
Esta semana comeza a circular en sexto e irá pasando polos demais cursos.
Se queremos construir una sociedade máis igualitaria debemos de coidar que as lecturas infantís rompan con esas ideas de valores dominantes, roles sexistas e relación de poder que xeracións anteriores entendían como normais.

É por iso que debemos esforzarnos por transmitir os valores de igualdade, liberdade e dignidade humana.
Apetécevos coñecer a Mochila Violeta?

Vídeo : Todos somos diferentes