luns, 13 de febreiro de 2017

Hora de ler compartida

Alumnado de 5º e 6º, voluntario en labores de biblioteca, achéganse ás aulas dos máis pequenos a ler, todos os venres:

martes, 7 de febreiro de 2017

Visita de Antonio García Teijeiro


O poeta vigués Antonio García Teijeiro visitou hoxe a Biblio crocaio e ofreceu unha charla chea de experiencia e sabiduría sobre POESÍA, na que nos dixo "aos nenos e nenas gústalle a poesía moito máis do que pensamos".
Recomendoulles ler un poema cada noite, porque así ao longo do ano teremos 365 poemas lidos.
Tamén recitou poemas que nos resultaron coñecidos porque o seu libro POEMAR O MAR  traballámolo nas aulas de segundo a sexto.
Foi unha charla que nos foi engaiolando e cando nos tocou o turno de preguntarlle resultaron unhas preguntas moi interesantes, felicitounos por estar tan atentos pero é que foi moi doado.
Sacou da súa maletiña ao rato Honorato, que estaba namorado da lúa e  ao soldado Dado que non tiña armas porque quería a Paz.

Moitas grazas Antonio pola túa amabilidade!

mércores, 1 de febreiro de 2017

Visita a Biblio Crocaio Antonio García Teijeiro

Por xentileza do programa Faro da Escola, o próximo martes día 7  recibiremos a visita do  importante escritor  vigués
Antonio García Teijeiro que nos vai presentar o seu libro máis recente  POEMAR O MAR de edicións Xerais 


Antonio naceu en Vigo no ano 1952. É un grande da Literatura Infantil e Xuvenil, mestre,
 é tamén o noso poeta máis internacionalmente coñecido.
Conta cunha obra moi extensa e con innumerables premios, entre eles o Premio Merlín por Na fogueira dos versos, que entrou na Lista de Honra do IBBY e  se lle concedeu o Premio Pier Paolo Vergerio da Universidad de Padua (Italia), un dos máis prestixiosos de Europa. Pódese seguir en Versos e aloumiños, o seu blog.
Os seus poemas foron cantados por Mamá Cabra  e outros grupos que fan cancións para nenos e nenas.
Entre os 100 mellores libros do século XX
O seu libro "Versos de Agua", en galego "Cacarabín, Cacarabón" foi elexido entre Os 100 mellores libros do século XX 
Agardámolo impacientes mentres preparamos poemas do seu libro e debuxos para o mural!

Compartimos

 Así quedou o mural colectivo do Día Da Paz, flores de cores, bicos de cine  e pombas de paz encheron as súas letras feitos entre todo o alumnado.









Agasallos que intercambiamos cos coles de Candeán e Carballal. Caramelos sabor Paz,Amizade, Respecto etc..

luns, 30 de xaneiro de 2017

Día da Paz

As escolas de todo o país celebramos o 30 de xaneiro o Día escolar pola paz e a non violencia lembrando a figura de Gandhi, un pacifista indio que morría nesta data no ano 1948, asasinado por un fanático. 
As escolas de todo o país unímonos nun mesmo berro para que chegue pronto o día no que as fronteiras non existan e o mundo sexa en realidade de todos e para todos.

Unímonos para berrar solidariedade con eses irmáns refuxiados que morren de fame e de frío por culpa da guerra que os fixo fuxir do seu país.
Soñamos que chegará o dia no que non haxa emigrados porque os recursos da terra permitan a cada pobo o seu desenvolvemento.
Soñamos que remata para sempre a violencia sobre os máis débiles, respectando a mulleres,nenas e nenos, a súa liberdade e o seu traballo digno.
Unímonos para facer frente á pelexa e ao fanatismo co diálogo e o abrazo.
O CEIP Eduardo Pondal comprométese coa Paz, a tolerancia e o respecto aos demais, e envía unha mensaxe de ánimo aos nenos e nenas refuxiados da guerra de Siria para que o conflicto remate de unha vez!