xoves, 9 de xuño de 2016

Crocaio saúdavos!

Mañá estará agardando a vosa visita despois das exhibicións,
 ten preparada unha gran exposición de contos e manualidades,
a Biblio Crocaio vístese de gala para acoller a visita das familias que o desexen.



Haberá algún tesouro agochado para quen o atope!

E un conto de agasallo!

Traballiños deste curso

xoves, 2 de xuño de 2016

Feliz Feroz, o lobo...

Quen lembra a deliciosa receita de biscoito de cenoria que nos deixou Feliz Feroz?

  BO PROVEITO!

E así de ben o pasamos co contacontos Iago López, por xentileza de Xerais.


luns, 30 de maio de 2016

CANTOS CONTOS COÑECES E CONTAS?

Pronto faremos a avaliación do noso proxecto anual  pero aínda aprenderedes outro tanto como os alumnos de 6º que fixeron este traballo si o ledes con calma. Despois virán as preguntas...faciliñas eh?

Investigación dos alumnos de 6º sobre os escritores dos contos clásicos.

 "Empregamos o buscador Google,  fixemos selección de imaxes que gardamos en carpetas,  insertámolas despois cos programas axeitados na diapositiva, seleccionamos á información, recortamos, pegamos e modificamos según  interese e posteriormente montamos, empregando Power Point e Calameo, tamén subimos á rede empregando o correo electrónico.
Buscamos sobre:
 Os irmáns Grimm, Charles Perrault, C.Collodi, Andersen, Iriarte e Samaniego.
Colaboramos e axudámonos entre nós, aprendemos uns dos outros na aula de informática e na Bibliocrocaio. 

Presentáron o seu traballo aos alumnos de 5º ,3º e 4ºe agora tócalles presentárvolo a vós :


Carlo Collodi Oscar


Publish at Calameo



Los Hermanos Grimm 6º Alex


Publish at Calameo



Iriarte Gael


Publish at Calameo



Samaniego Xabi


Publish at Calameo



Hans Christian Andersen Vero


Publish at Calameo


venres, 27 de maio de 2016

Crocaio comunícavos que o contacontos tivo un problemiña que lle impediu chegar ao noso cole hoxe , pero virá probablemente o día 2 de xuño.
Avisaremos!
Aquí tedes outro vídeo da quedada literaria do luns pasado en Castrelos.
Neste cada lector/a aparece co seu compañeiro ou compañeira, buscádevos....
Foi moi guai!