Amosando publicacións coa etiqueta papás. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta papás. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de marzo de 2012

Libros con papis !!

              Búscaos na Bibliocrocaio!!
Danny, o campión do mundo de Roald Dalh

Tiña catro meses, Danny perde a súa nai. A súa única compaña será a de seu pai, que para el é o máis marabilloso do mundo. Vivían nun vello carromato de xitanos, que era a súa modesta casa e o seu fogar feliz, situado detrás dunha gasolineira na que ademais facían algunhas reparacións. Os xoguetes de Danny foron as rodas, os cegoñais, toda esa zarrapallada dos motores e demais pezas de automóbiles. Pero seu pai gardaba un importante segredo que colocará a Danny en serias dificultades e que está relacionado coa faisáns: ese belido animal de pluma, tan cobizado polos cazadores e tan preciado na cociña. O gran segredo desvelado será o motivo polo cal Danny se vexa obrigado, con tan só dez anos, a conducir un coche. Tamén acontecerá que o seu pai romperá un nocelo, por poñer un exemplo dos moitos enredos nos que se verán envoltos.

E para os máis pequenos pero que tamén gusta a maiores:



Un papá a la medida de David Calí  e ilustrado por Anna Laura Cantone.

É a historia  dunha familia formada por unha mamá e a súa filla.
“Mi mamá es grande, muy grande
mucho más grande que las otras mamás.
Cuando viene por mí a la escuela,
las demás se hacen a un lado para dejarla pasar”.
“Mi mamá es fuerte, muy fuerte,
mucho más fuerte que las otras mamás.
Ninguna mamá podría ganarle a las vencidas.
¡Tampoco papá alguno!”

“Pero los otros niños también tienen un papá.
Yo, no.
Necesitaría un papá grande,
muy grande, tan grande como cuatro papás.”
Nai e filla  queren buscar  un papá a súa medida: que sexa forte, moi forte, con moito pelo, moiguapo, moi listo, que saiba facer puzzles difíciles, patinar sobre rodas…

Poñen un anuncio no xornal e aparecen moitos candidatos, pero ningún cumple as suas necesidades. Cuando todos se marchan queda un que es baixiño, moi baixiño, non moi guapo nin moi forte, non ssabe patinar nin de facer puzzles pero…

“Mi nuevo papá es simpático y cariñoso, mucho más cariñoso que los otros papás. Por la noche, antes de dormirme, se sienta en mi cama y me lee un cuento. Algunas veces, incluso dos. ¡Me encanta mi nuevo papá! Aunque no sepa patinar sobre dos ruedas, ni hacer puzles. ¡Es mi papá!”
 Un papá a la medida


Bo día papás!!