Amosando publicacións coa etiqueta letras2014. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta letras2014. Amosar todas as publicacións

luns, 19 de maio de 2014

Letras galegas 2014: Xosé Mª Díaz Castro, poeta.

Este é o poema que figuraba nos marcapáxinas que fixemos:
 ESMERALDA
HERBA PEQUERRECHIÑA
QUE CON MEDO SORRÍS
AO SOL QUE VAI NACENDO
E MORRENDO EN TI,
POR QUE DE SER PEQUENA
TE AVERGONZAS TI?
O UNIVERSO SERÍA
MÁIS PEQUEÑO SEN TI!
                      Xosé Díaz Castro
 Visitounos a escritora MARÍA N.SOUTELO e compartiu con todo alumnado ao longo da mañá diferentes obradoiros de poesía.
María N. Soutelo (Pontevedra, 1982), licenciada en Historia pola USC. Participou no proxecto literario "AugasVerso", folla voandeira de poesía do Concello de A Estrada, e en  Poesía Contemporánea Tabeirós-Terra (Edicións Fervenza, 2005). 
No ano 2008, veu a luz o seu primeiro poemario Código Poético (XX Premio de Poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón", Concello de Dodro), da man da editorial Sotelo Blanco.

 Moitas grazas María pola túa presenza  un día coma o das Letras galegas.
Déixanos unhas bandexiñas con exquisitos versos.
 Infantil e 1º Curso foron o derradeiro obradoiro, entregaronlle un agasallo a María e colaboraron así de activamente coma podedes apreciar.
Fixemos tamén unha gran cenefa polos corredores de Palabras de caramelo: palabras galegas que soan ben, lembrando a Gonzalo Moure e ao seu libro Palabras de caramelo