Amosando publicacións coa etiqueta Prensa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Prensa. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de marzo de 2012

Traballamos con xornais

Despois de montar un pequeno Quiosco con prensa
 na entrada do cole, durante a semana os xornais pasaron polas aulas e os nenos e nenas do terceiro ciclo fixeron como remate un obradoiro de lectura de noticias na Biblioteca. 

Aprendemos moitas cousas porque traballamos con entusiasmo nunha actividade diferente. 

Aquí tedes a mostra:

Obradoiro de Prensa 2012 on PhotoPeach

martes, 13 de marzo de 2012

Semana da PRENSA

A PRENSA NA ESCOLA

Oficialmente estamos na Semana da Prensa na Escola, na que polo menos un día  traballamos soamente con xornais. 
Dende Prensa-escola se nos propoñen sete razóns para ler o xornal na clase que son:

1.Lendo o xornal aprenderás a escribir e expresarte mellor.
2. Estarás informado do que acontece e poderás opinar sobre distintos temas.
3. Poderás reflexionar sobre a actualidade.
4. Saberás de que falan os maiores, poderás discutir con eles sobre temas importartes.
5. O xornal será o teu mellor libro de texto:distinto cada día.
6. Convertirase na túa novela de aventuras favorita e irá contigo toda a vida.
7. E saberás que poñen no cine, na tele, como vai a Liga... E moitas máis cousas que seguro che intereserán.

Na biblioteca Educalim atopei este libro Lim para traballar a prensa na escola. Paréceme moi interesante polo que traballaremos con el esta semana. Desde a primeira actividade podes acceder aos xornais que queiras de Galicia ou do Mundo na súa versión dixital, proba e verás!!