Amosando publicacións coa etiqueta Casalderrey. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Casalderrey. Amosar todas as publicacións

martes, 27 de marzo de 2012

FINA CASALDERREY VISITA A BIBLIOCROCAIO

 Hoxe recibimos no cole á escritora Fina Casalderrey. Foi para nós alumnos e profesorado un momento desexado, agardado e máxico. Non nos decepcionou, durante hora e media engaiolounos coas súas metáforas, coas súas historias reais e inventadas.
 






 Desde nadal lemos e traballamos os seus libros, non só os "recomendados",  todos os que os nenos e nenas demandaban xa que ten tantos, de todas as temáticas e para todas idades que había onde escoller.
Fixemos murais, exposición dos libros, traballos escritos e contamos por clases a biografía aos máis pequenos, a profe de música está preparando un LIM sobre a súa obra que pronto vos ofreceremos.







Todo estivo compensado polas fermosas palabras que nos adicou , charla amena chea de lembranzas dese pasado de mestra que está comezando.
Os alumnos e profes do CEIP Eduardo Pondal de Vigo desexámosche  BOA SORTE e dicímosche:
           MOITAS GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO FINA!!

FINA CASALDERREY VISITA A BIBLIOCROCAIO on PhotoPeach

xoves, 22 de marzo de 2012

Fina Casalderrey

A escritora Fina Casalderrey visitará pronto a BIBLIOCROCAIO
Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 1996 e autora de máis de medio cento de libros.
BIOGRAFÍA
   Naceu en Xeve (Pontevedra-1951). Dende os dezanove anos, exerce a profesión de mestra. Foi daquela cando se mergullou nas augas da creación literaria como autora e directora de varias pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas na publicación Recursos teatrais para a expresión dramática na escola publicada en Edicións Xerais.
   Unha das súas inquietudes é a investigación etnográfica. Dirixindo ós seus alumnos e alumnas participou en concursos promovidos pola Xunta de Galicia, o Museo de Pontevedra... (traballos galardoados con diferentes premios).
   Xunto con Mariano García, publicou O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia, todos eles en Edicións Xerais. Colabora en prensa e revistas especializadas, así como en diversos eventos literarios (congresos, xurados, pregóns, charlascoloquio, mesas redondas...), desenvolvendo conferencias relacionadas coa LIX, a Gastronomía... Tamén colaborou en proxectos de lectura de diferentes editoriais con textos literarios propios.
   No ano 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida a tódalas linguas do Estado, tamén ó Portugués.

Reproducimos para vós as palabras de Fina para a revista Cuatrogatos, podedes ler o artigo completo aquí http://www.cuatrogatos.org/articulofinacasalderrey.html

“Aprendí que los mundos que inventemos para niños y niñas han de:   servir de motivo de reflexión, de discusión...  
reivindicar la igualdad de sexos...  
cultivar las ideas de paz, de justicia, de tolerancia, de defensa de la naturaleza, de respeto a los demás...
He sabido...  
que hemos de tener cuidado con la xenofobia, el racismo, el consumismo...   decir no a la violencia.

Aprendí que he de huir de las historias ñoñas.
Sencillas, pero no simplonas.  
Que la literatura infantil y juvenil no ha de matar curiosidades, sino despertarlas. 
Que en el lenguaje de los niños se pueden expresar los pensamientos más profundos.  
Y además he sabido que:  
hemos de ayudar a crear lectores...  “

Estes son os libros que todo a Primaria do CEIP Eduardo Pondal lemos  e traballamos despois de Nadal.