Campaña dirixida a nenos e nenas de 8 anos no proxecto de educación sanitaria destinado a escolares, consiste na distribución dun tebeo, que pode descargarse libre e gratuitamente desde internet, e tamén distribuirse en papel nos coles.
As doenzas de costas afectannos a todos nun momento ou noutro da vida, e os estudos científicos realizados demostran que sufrilas durante a infancia aumenta o risco de padecelas de xeito permanente durante a madurez.
CROCAIO aproveita para lembrarvos que
Os Bolechas están xa na Tele Galega
.
Será de luns a xoves, nas horas do almorzo e da merenda, e os
sábados pola mañá no programa Xabarín Club, tal como anunciou a
directora da Televisión de Galicia, na presentación
oficial das novas aventuras da popular familia. Destacou a 'importante aposta' da TVG para ofrecer
'programación infantil en galego' .
Uns personaxes que podedes coñeces premendo na súa imaxe e accedendo a un xogo de Lim, pronto todos eles estarán na Bibliocrocaio para a súa inauguración.
PROBA AGORA CON ESTE DOADO PUZZLE: