Amosando publicacións coa etiqueta Balaídos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Balaídos. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de abril de 2012

Visita a Balaídos

 O pasado venres día 20 viñeron ao cole a dar unha charla  as xogadoras de fútbol femenino de primeira división do equipo O Olivo de Vigo.
 Foron moi amables , animaron ás nosas alumnas a xogar ao fútbol, e contáronnos que hai moitas mulleres que xogan ao fútbol en España pero non poden ser profesionales porque a federación non admite ainda que as mulleres futbolistas sexan profesionales.Case todas teñen estudios e non viven do fútbol, é unha afición pola que pelexan día a día para continuar. Déixovos este video para que as vexades xogar e opinar sobre por que lles gusta o fútbol:

O alumnado de 6º traballamos este tema porque vimos a película "Quiero ser como Beckham", na que a protagonista é unha moza á que a propia familia pon moitas trabas para practicar o fútbol.
E ademais, o martes 24 todos os alumnos e alumnas de Primaria
visitamos   BALAÍDOS :  campo de fútbol do equipo da nosa cidade.
Aqui tedes algunhas imaxes :