martes, 7 de maio de 2019

David Rodríguez García, músico, exalumno do cole visitounos coa súa marimba



Mestre do Conservatorio Superios de Música de Vigo, especializado en percusión, o seu instrumento é a marimba, trouxo á Biblio a súa primeira marimba aínda que ten outra moito máis grande. Tivémoslle que axudar entre todos para transportala. Ofreceu un pequeno  pero marabilloso concerto didáctico a todo o alumnado. Ao rematar  o alumnado de 5º e 6º fíixolle unha entrevista que poderemos ler no noso "Faro da escola".

 Moitas grazas David pola túa amabilidade e interés, demostrando que ademais de grandísimo músico que estudou no ensino público, eres unha gran persona que sabe compartir e que chega aos maiores e máis pequenos coa linguaxe integradora da música.



Ningún comentario: