domingo, 8 de maio de 2016

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

LUNS 9 DE MAIO:
VISITA A BIBLIOCROCAIO O ESCRITOR 
GUSTARÍALLE CAMBIAR O MUNDO , PERO COMO COMPROBOU QUE NON PODÍA, DECIDIU SER ESCRITOR, un pouco poeta...

De neno xogou moito, moito...pero tamén estudou e así de maior, cando coñeceu máis polo miúdo a cultura galega, fixo os libros de xogos e xoguetes que nós coñecemos e utilizamos o curso pasado no proxecto dos xogos tradicionais

Escribiu mooooitos libros para nenos e nenas e tamén para mozos. Os nenos e nenas de segundo de Primaria leron: 
Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: —Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior. Que ten de especial ese lapis?
Pero tamén temos na Bibliocrocaio:
Para “Entender a maxia que se agocha nas palabras”,  xogos visuais, adiviñas, trabalinguas e máis posibilidades que a poesía pode ofrecer.

A forxa de Manuel ten unha xanela de vidros cadradiños e pequenos. Pegado a ela hai un banco ateigado de ferramentas: mazos, martelos, tenaces, alicates, parafusos, cravos… Ao outro lado da xanela o que hai son campos verdes e árbores verdes e montañas verdes...

Un verdadeiro xogo de poesía e ilustración. Sopra neste furadiño de Antón Cortizas e Leandro Lamas publicado por Edicións Embora. Troquelado para soprar, o libro tráenos rimas divertidas, breves, que convidan a  soprar polo burato. Porque... quen se resiste? Se ata podes facer voar un elefante! Fermosas ilustracións dun artista irrepetible.


Antón Cortizas recolle nestas composicións o evocador aroma dos vellos contos a través dunha forma poética, ou romance, de rica tradición popular.

Vaia tropa! é un libro de poesía do absurdo,  está pensado para ser lido de formas diversas. Hai poemas que terás que ler de esguello e noutros precisas usar un espello e así poder ler do verso o reflexo. Como non era cousa de poñer só letras alguén debuxou algunhas caretas. E como os debuxos están contrafeitos usarás o espello para velos con xeito. Trátase dun libro xogo, con sorpresas...
Para xogar coas cores....
Podedes atopar máis curiosidades sobre Antón Cortizas na páxina de documentación de escritores galegos:

Ningún comentario: