martes, 22 de marzo de 2016

Manualidade sobre un conto clásico

Animádevos a compartir cos vosos fillos e fillas o conto que levaron en préstamo da Bibliocrocaio, lédeo, contádeo , representádeo, todo o que se vos ocurra facer con el, e despois transformádeo nunha manualidade, podedes utilizar calquer









clase de material, reciclar, debuxar...un traballo colaborativo. Con esta actividade ademais de fomentar a lectura dos contos e mover libros en préstamo da nosa Biblioteca, faremos unha exposición con obxectos relacionados con contos clásicos, poden ser toda clase de obxectos que fagan alusión a algún conto, capuchas vermellas, peluches de lobo, pinochos, mesmo contos antigos dos que liamos antes e por suposto as manualidades que elaboredes nestes días...Agardámolas!
GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

Ningún comentario: