mércores, 6 de maio de 2015

O noso maio

Aí vén o maio 
de flores cuberto,
puxéronse á porta cantándome os nenos,
cos puchos furados pra min estendendo,
pedíronme crocas,
dos meus castiñeiros....
Así comeza o popular poema de Curros Enríquez: O maio

 O noso maio quere representar un cubilete e un dado, que son, xunto cos taboleiros, os utensilios que utilizamos para os xogos de mesa.
 Fixémolo entre todos, coa colaboración das familias que enviaron os ramallos de xestas, fiuncho, calas, eucalipto, fentos, gladiolos, limóns e rosas; que perfuman  a entrada do cole
cun intenso arrecendo que nos fai lembrar o bo tempo, o monte e a natureza verde.
E así  din estas coplas que podemos cantar ao seu arredor :

  "Este maio que fixemos no Eduardo Pondal,
lémbranos  que a primavera esta xa a brotar,
follas, flores e froitos no verán madurarán,
 nenos e nenas  e libros tamén descansarán."

Agora só nos queda poñerlle música. Grazas ás familias pola colaboración.

Ningún comentario: