venres, 25 de abril de 2014

O noso Día do libro

Este mércores 23 de abril festexamos o Día do libro  con actividades variadas das que aquí tedes algunhas imaxes.
 Como xa sabedes o 23 de abril é  festa do libro porque nesta data morreron dous grandes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes Saavedra e William Shakespeare.
Unha das obras máis coñecidas de Cervantes é  EL INGENIOSO HIDALGO DON QUIJOTE DE LA MANCHA.
Á dereita un enlace lévavos  a uns xogos moi variados sobre os personaxes do Quijote que xa practicamos na aula de informática.
Exposición de libros  relacionados coas cores ou a pintura e reparto a todo o alumnado do boletín de libros recomendados de Abril:
Recuncho de autopréstamo e intercambio para Pais-Nais na planta baixa  ou entrada do cole:
 Exposición de cadros famosos de nenos e nenas lendo :
 Traballamos con eles:
 Aula de informática e ordenadores de aula xogos e fichas sobre Cervantes e Don Quijote:

 Participación das familias colaborando na ficha anunciadora do Blog por un lado e polo outro propoñendo a actividade  de debuxar ou escribir:
 Marcapáxinas de pintores:

E estamos preparando o apadriñamento lector que faremos o martes próximo na Hora de ler.
Xa vos contaremos!

1 comentario:

Marta dixo...

Suuuper traballadores, coma sempre :) Qué actividades máis chulis! Moitos bicos para todos!