mércores, 26 de febreiro de 2014

Estes días na Biblioteca...

Obradoiro de entroido, para 3º e 4º:
A recuperación os "merdeiros" como personaxe propio do Entroido vigués é unha das actividades para nenos realizadas no Museo Liste de Vigo.
 Para nós foi unha actividade ofrecida a escola pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.









O venres presentamos os nosos disfraces curso a curso: Infantil serán  os pintores Miró e Kandinsky, 1º ciclo serán os arlequíns de Picasso , 2º ciclo Velazquez e as Meninas e o 3º ciclo co pintor galego Seoane e o cadro das mariscadoras farán o seu disfraz.