domingo, 27 de outubro de 2013

Día da BIBLIOTECA

Un día moi especial foi o que vivimos o venres 25 no cole: a festa da BIBLIO CROCAIO.
 Dámos moitas grazas a PEPE CARREIRO pola amabilidade e a paciencia que mostrou, debuxando e falando cos nosos nenos e nenas e compartindo con todos nós este día.
Os seus libros formaban parte da exposición do corredor.
As NOVIDADES tamén estaban expostas.
Así estivemos de atentos.
 

Os nenos e nenas de tres anos pasárono moi ben.

E chegou o momento das interminables firmas con debuxo e dedicatoria para tod@s. 


As Mochilas viaxeiras en marcha, con libros de PEPE CARREIRO e tamén un libro especial de PINTURA en cada unha.
  Sobraron pegatinas de cadros así que cando veñades a coller libro levaredes unha de agasallo.

1 comentario:

CEIP EDUARDO PONDAL dixo...

Os peques encantoulles!!!Tan só hai que ver as caras que tiñan cando veu a aula a firmar o libro!!