luns, 6 de maio de 2013

Aí vén o maio de flores cuberto....

Despois do mes dos libros, comezamos as actividades do mes das letras. 

En 1963, a Real Academia Galega decidiu que se declarase o día 17 de maio de cada ano como "Día das Letras Galegas", unha data que conmemora a publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. 

Cada 17 de maio, Galicia  celebra as nosas letras e a nosa lingua. Cincuenta anos despois da publicación cada ano  dedicamos este día a unha figura significativa das nosas letras.

Este ano, o elixido foi o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño, figura fundamental na construcción do teatro galego. 

Pechamos abril e chegou maio con todas estas actividades:

Durante unha semana tivemos a interesante exposición de paneis Coidamos o noso mar .
 Tamén pasou pola BIBLIOCROCAIO  o Consello regulador da Mel de Galicia para mostrarnos como se produce o mel.Visita a súa páxina e atoparás receitas con mel...e máis cousas.
A Biblicrocaio contou o venres día 3 co "Obradoiro de igualdade" 
Ese mesmo día contamos coa presenza do escritor
 Miguel Ángel Alonso Diz, que nos ofreceu o seu obradoiro "Ola Ríos, ola fontes!! e que nos deixou estes agasallos. Moitas grazas Miguel! 
Pronto falaremos do seu novo libro pero xa podedes ir mirando algo premendo aquí.

Agardamos o apadriñamento lector: contar contos aos máis pequenos: En Sampaio contamos tod@s.
Ide preparando os contos xa que faremos a lectura o día 16, ese día, ademais da presenza no cole do escritor Silvestre Gómez haberá  sorpresas que iremos desvelando de vagar...

Ningún comentario: