domingo, 20 de xaneiro de 2013

Fina Casalderrey ELEXIDA para a REAL ACADEMIA DA LINGUA

A escritora pontevedresa Fina Casalderrey Fraga, que ocupa a portada do noso Blog, foi elexida para formar parte da Real Academia da lingua Galega
institución que traballa moito en prol da nosa lingua .
Na BIBLIOCROCAIO alegrámonos moito con esta nova porque con Fina Casalderrey entrará na Academia a literatura infantil e xuvenil e porque algúns dos seus libros están entre os nosos favoritos:
O misterio do Faro Vello, Chamizo , Dúas bágoas por Máquina,A lagoa das nenas mudas,
O misterio dos fillos de Lúa, Bicos de prata ...

Noraboa Fina !!!

Ningún comentario: