venres, 29 de xuño de 2012

 

Tres alumnos do noso cole
CEIP Eduardo Pondal participan 
na Homenaxe Nacional ao escritor 
galego Agustín Fernández Paz que 
se celebrará mañá, 30 de xuño, 
en Vigo.

                                              Lucas Méndez Puga, Andrea Guisande Moreira, os dous de 6º curso e Asier Rodríguez Rodríguez de 3º curso lerán cadanseu texto na homenaxe ao escritor galego Agustín Fernández Paz .

Lucas lerá o texto do libro Contos por palabras de cando o autor fala de si, no que fai unha vista atrás lembrando a súa infancia.
Andrea lerá unha pequena composición na que nos conta algunhas experiencias vitais do autor e a súa traxectoria como mestre.
 Asier lerá un dos seus poemas favoritos, o poema de Álvaro Cunqueiro: "Agora trobo o vento e maila lúa fría..."
   O acto, de entrada libre, está organizado pola plataforma cidadá ProLingua e será conducido por Rosa Aneiros. Comezará as 12.30 no Auditorio do Centro Social Novacaixagalicia de Vigo.
Agustín Fernández Paz  suscita  unha admiración unánime en Galicia. Son milleiros e milleiros os adolescentes (e adultos) que ao longo dos anos leron os seus libros, e son milleiros tamén os que destacarán del outras cuestións, coma o seu compromiso coa defensa e proxección da lingua e cultura galegas (hai tres semanas vímolo na Praza da Quintana lendo o manifesto de Queremos Galego) e o seu traballo persoal e apoio noutras iniciativas sociais.
 


Ningún comentario: