venres, 11 de febreiro de 2011

poemas de marzo

 Poema que escribiron os nenos e nenas de 6º de primaria para a primeira semana de marzo.

30 de xaneiro, DÍA DA PAZ

AS ESCOLAS DE CANDEÁN, CARBALLAL E PONDAL
XUNTAS POLA PAZ

Hai un ano nestas datas
que estabamos por aquí
lembrando moi en serio
o que acontecera en Haití

Canta xente faleceu!
mais a esperanza non se perdeu.
A culpa foi de un tremor
que causou moita dor

Algo pasa no mundo
cando vemos con pavor
que despois dun ano tan duro
continua tanto horror

Pero podemos colaborar
loitando celosamente
por un día de paz,
que nunca mostra a xente

Hoxe tampouco queremos esquecer
os obxectivos do milenio:
a saúde, a educación global,
o medio ambiente,
a igualdade de xénero...

Carballal, Candeán e Sampaio
vixiaremos sen desmaio
que se cumpran con esmero
aquí, acolá, no mundo enteiro.




******************************************************************************

Un caligrama é un poema visual no que as palabras "debuxan" ou forman un personaxe, un animal, unha paisaxe ou un obxecto imaxinable.
Para crear un caligrama hai que partir dunha idea : unha palabra, unha expresión , para transformar primeiro en imaxen e logo en poesía.
Os nenos e nenas de primeiro puxeron na segunda semana de febreiro este fermoso caligrama nno corcho da biblioteca.A Crocaio e aos demais nenos e nenas gustoulles moito.




Todas las tardecitas
mi gata mira,
sentada en la ventana,
a su nueva amiga.
Pero ella no imagina 
que hay un espejo,
ni sabe  que esa gata....
es su reflejo.







 ***************************************************



















                                                                          A noite

A noite é escura e negra.                        Pola noite vén papá Noel.
As veces dános medo.                          os Reis magos e o RatiñoPérez
Pero a noite ten                                     nacen soños bonitos
Moitas cousas bonitas.                           e somos felices.

Primeiro chega a lúa.
Algunhas noites gordiña e grande.
Redonda!
Como si ceara moito.

Despois chegan as estrelas
pequenas , xoguetonas e brillantes.
Cando xogan ao corro coa lúa
o ceo énchese de cores.

Fermoso poema que nos deixanos nenos e nenas de 2º e 3º para a terceira semana . Bo traballo de parte de Crocaio e Crodila!!!

Ningún comentario: