venres, 5 de novembro de 2010

POEMAS DE OUTUBRO

 O MAGOSTO
Nos soutos enteiros
Vellos castiñeiros.
De froitos cargados
E soños dourados.

Xa sopra o vento
¡chegou o momento!
Cun amplo sorriso
Regaña o ourizo.

Vén Santos chuvioso
Con moitos magostos.
¡As ricas castañas
Quentiñas, asadas!

Castañas, chourizos
Cuns grolos de viño.
Pero os máis pequenos
¡o viño nin velo!

E festa faremos
Grandes e pequenos.
Arredor do lume
Estouros e fume.

Co negro tizón
¡vaia diversión!
Tisnareiche a cara
¡despois a lavala!

Con ricos magostos
E contos fermosos.
¡Feliz San Martiño!
Farto e entretido.
                         2º e 3º 


                  Para ser bruja terrible



Requisito imprescindible,
ible, ible, ible,ible,
para una bruja terrible,
ible, ible, ible, ible.






  • Es ser perversa y malvada;
    odiar mucho a cualquier hada
    por cursi y empalagosa,
    siempre vestida de rosa.

    Y ser más fea que Picio,
    pues lo precisa el oficio,
    con verruga en la nariz
    larga como una lombriz.

    Requisito imprescindible…

    Tener fétido el aliento,
    la nariz como un pimiento,
    muy negra la dentadura
    y llevar túnica oscura.

    Una sonrisa horrorosa,
    la piel áspera y verdosa,
    cara de astuta y bribona
    y los pelos de fregona.

       Requisito imprescindible…

                     No moverse nunca a pie.
                     Sacarse pronto el carné
                     y volar a todas horas
                     con escobas voladoras.

                     Importante el capirucho
                     con forma de cucurucho
                     y un murciélago en el ala,
                     porque da aspecto de mala.

                     Requisito imprescindible…

      





     O RECREO
    É a hora feliz do recreo
    O patio do colexio
    Énchese de nenos


    Rebumbio, balbordo,boureo
    Xogos,carreiras e berros.

    Unha bandada de paxaros
    Revoa alegre na mañá.

    Axiña remata o recreo,
    Regresan á aula os nenos
     Suorosos, cansos, contentos.
    O patio do colexio
    Fica nun silencio baleiro.

    A bandada de paxaros
    Prega as súas ás.

                    Xiz de cor. Xoan Neira.






    Don carballo chora landras 
    na amencida.

    E don Outono baballa
    néboa fría.

    Don Labrego, de sombreiro,
    aplaude a don Castiñeiro
    con variña de abelaira.


    E don Ourizo da chaira,
    como non se ten coa risa,
    cáenlle dentes de castaña.

    HELENA VILLAR E XESÚS RÁBADE.



                                   

    Ningún comentario: