venres, 8 de outubro de 2010

MARIO VARGAS LLOSA PREMIO NOBEL de literatura


Mario Vargas Llosa, escritor e académico de orixe peruano e nacionalizado español en 1993, foi galardonado onte co Premio Nobel de Literatura 2010.
O autor de obras como "La fiesta del chivo" o " La ciudad y los perros" é o primeiro autor, en lengua castellana, que recibe o galardón dende que, en 1990, o gañase o mexicano Octavio Paz. O premio seralle entregado o vindeiro 10 de decembro en Estocolmo.
Vargas Llosa recibiu tamén o Premio Principe de Asturias das Letras en 1986, o Premio Planeta en 1993 e o Premio Cervantes en 1994.
A Editorial Alfaguara Infantil acaba de publicar en España unha
colección especial dedicada ao público infantil chamada "Mi primer", que ten como obxectivo acercar, aos máis pequenos, aos grandes nomes da literatura.








E precisamente, un dos primeiros títulos desta colección é "Fonchito y la Luna" de Mario Vargas Llosa. Ilustrado por Marta Chicote

O conto comeza así:

"Fonchito se moría de ganas por besar las mejillas de Nereida, la niña más bonita de su clase. Nereida tenía unos ojos grandes y muy vivos, una naricilla respingada, unos cabellos negrísimos y una tez blanca como la nieve...".
Con Fonchito podes vivir a emoción do primeiro amor e seguir as aventuras do seu protagonista que demostra o que un é capaz de facer por un ser querido, aínda que a súa petición sexa, nada máis e nada menos, que a Lúa.

Disfruta con Fonchito!!!

Ningún comentario: