venres, 3 de setembro de 2010

Benvidos Bibliocolegas!!!!

Que tal de verán?

Descansastes moito?

Lestes algo?

Xa estamos os profes e o conserxe no cole preparando o novo curso, o cole está pintado, temos xa algún moble novo, pero sin vós non hai escola de verdade así que ide preparando a mochila...
Quero contarvos unha gran noticia, este ano preparámonos para poñer en marcha un Plan de Mellora da Biblioteca Crocaio que nos concederon polo noso proxecto de traballo presentado e que vai traer moitas novedades, pero estade alerta xa vos iremos contando.... déixovos unhas fotos para que lembredes o que fixemos o curso pasado na BIBLIOCROCAIO.

Esperámosvos o día 10 con bos propósitos e boas ideas para o curso que comeza.

BIBLIOTECA CROCAIO 2009-2010 "Na procura do tesouro" on PhotoPeach

Ningún comentario: