mércores, 2 de decembro de 2009

INAUGURACÍÓN DA BIBLIOTECA CROCAIO

Un barco pirata ancorou o venres no corredor do colexio Eduardo Pondal.
A súa singradura tivo un final feliz cunha festa de inauguración, rodeado de nenas, nenos e mestres.
Na inauguración da biblioteca Crocaio mergullámonos nas palabras dos alumnos/as maiores, vimos nun vídeo como está organizada e asistimos a unha sesión de contacontos cos nenos e nenas de primeiro e terceiro de educación primaria.
Tamén repartimos os carnet para comezar a escribir o diario de abordo da nosa travesía arredor da lectura neste curso 2.009-2.010.
BENVIDO E BENVIDAS Á BIBLIO DO CEIP EDUARDO PONDAL




Ningún comentario: