xoves, 2 de abril de 2009

Os nosos reportaxes

OS NOSOS REPORTAXES



Con motivo da semana da prensa, os alumnos e alumnas de todo o colexio estiveron traballando coa prensa, analizando determinadas seccións, comparando noticias e algúns tamén convertíronse en reporteiros.




Aquí están algúns deses reportaxes











Luns 09 de marzo de 2.009 NOTICIAS





A HORTA


No noso colexio, o CEIP Eduardo Pondal, temos unha horta ecolóxica, onde plantamos hortalizas, plantas e froitos.
Colaboramos tódolos nenos do colexio e axúdanos a nosa mestra, Teresa.
Pasámolo moi ben plantando nos bancais, alí cultivamos moitas cousas como amorodos, fabas, repolos e espinacas.
Tamén temos que abonar, remover a terra, regala e poñer unha rede antipaxaros para que non coman o que plantamos.
Neste traballo utilizamos moitas ferramentas como por exemplo: o sacho para remover a terra que logo alisaremos co angazo. Se caen as follas das árbores próximas as recolleremos coa escoba de xardín que logo meteremos na carretilla.
REDACTORA - TAMARA MONTES REY - 6º

Ningún comentario: